A edición galega está representada estes días en Galeusca por sete editoriais e por representantes da AGE

Sete en Galeusca

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Sete das editoriais da Asociación Galega de Editores participan desde hoxe na cuarta edición do encontro bianual de editores Galeusca que está a celebrarse en San Sebastián. Participan nestas xornadas como representación da edición galega Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da AGE; representantes de A Nosa Terra e Baía Edicións; Carlos del Pulgar, de Nova Galicia Edicións; Antón Mascato, de Edicións do Cumio; Tucho Calvo, de Biblos Clube; Alfonso García Sanmartín, de Rodeira. O encontro analizará as problemáticas da edición en linguas minorizadas, os distintos elementos da cadea de venda e o papel dos medios de comunicación.

Máis informaciónen La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito