Leonardo Sbaraglia protagoniza a nova produción de Continental e Celso Bugallo comparte pantalla con Carmelo Gómez

Proxectos en camiño

7/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“O concursante” é a nova produción que está a poñer en marcha Continental. Unha longametraxe que será dirixida polo ourensá Rodrigo Cortés e na que participarán Juan Diego, Mabel Rivera, Myriam Gallego, o actor arxentino Leonardo Sbaraglia e, aínda sen confirmar Luís Tosar. Por outra banda, Celso Bugallo trasladarase ata Béjar o vindeiro luns para comezar a rodaxe de “Angoso” un thriller de José Sánchez Cabezudo e no que participarán Carmelo Gómez. Por último, Carlos Amil (A Coruña, 1959) presenta hoxe o seu novo proxecto cinematográfico, baseado no libro “Benanventurados os que se dan a man”.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Amil, Rodrigo Cortés, Mabel Rivera, Luís Tosar...