Patricia Ferreira roda en Madrid e A Coruña a súa terceira longametraxe

Para non esquecer

4/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O tándem Patricia Ferreira e Continental comeza a traballar nun novo proxecto. Trátase da longametraxe "Para que non me esquezas" que protagoniza Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau, Marta Etura, Roger Coma, Víctor Mosqueira e Mónica García. A terceira longametraxe de Ferreira conta a historia dun mozo –David- que garda os recordos do seu avó e ao que vai axudando a recuperar as lagoas da súa memoria sobre a Guerra Civil, e o impacto do seu contorno cando David morre nun accidente. A rodaxe, que comezou o luns en Madrid, durará oito semanas e trasladarase en breve á Coruña.

Máis información no web de Continental

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patricia Ferreira, Madrid, A Coruña, Guerra...

Claves

Protagonistas
Lugares