A diversidade cultural e interxeracional centrarán a oitava edición do Festival Cultura Quente

Cultura que quenta

6/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Do 1 ao 17 de xullo a cultura ten unha cita en Caldas. Son as datas nas que se festexa a oitava edición de “Cultura Quente”, un evento que organiza o concello e que pretende dar a coñecer a súa oferta termal (de aí o de “quente”) a través de iniciativas culturais. Este ano o evento ten como eixe común a diversidade cultural e a interxeracional e seguirá o mesmo esquema que todos os anos: exposicións, obradoiros e deportes alternativos. Como peche, o concello programou o festival de concertos que contará, entre outros, cos franceses Rinoçerôse, os americanos Love&Arthur Lee, Deluxe, La Mala Rodríguez ou Def con Dos.

Máis información no web de Cultura Quente

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cultura Quente, Exposicións, Deluxe, Caldas

Claves

Conceptos
Lugares