A Xunta recuperará as fortalezas fronteirizas de Santa Cruz, San Lourenzo e A Nosa Señora da Concepción

A volta dos castelos do Miño

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Tres fortalezas da fronteira con Portugal serán recuperadas cun investimento total que se aproxima aos dous millóns de euros, segundo decidiu onte o Consello da Xunta. A fortaleza de Santa Cruz, na Guarda, construída no século XVII e que contén no seu interior especies arbóreas de grande importancia, contará cun orzamento de 1.034.531 euros para a súa mellora. Por outra banda 933.000 euros destinaranse á recuperación das fortalezas de San Lourenzo e da Nosa Señora da Concepción no Concello de Tomiño. Agárdase que as obras estean rematadas para final de ano.

Máis información en La Voz de Galicia e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Tomiño, Portugal