Xerais edita obra inédita de Emilio Álvarez Blázquez mentres o concello de Redondela recupera un libro ambientando en San Simón

Recuperación literarias

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os dous libros de poemas coñecidos de Emilio Álvarez Blázquez, ademais dun mollo de composicións inéditas, ven a luz por parte de Edicións Xerais, que ademais reedita tamén contos de Xoán Casal, así coma “Vinte mil pesos crime”, unha obra de teatro de Bernardino Graña orixinal de 1962. Coincidindo con esta vaga de reedicións, o concello de Redondela presenta a tradución ao galego da obra “Baixo os mirtos”, do aragonés Joaquín Dicenta. Esta obra recolle as impresións deste durante a súa estancia de dous meses na illa de San Simón, en 1915.

Máis información en Galicia Hoxe e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Álvarez Blázquez, Concello de Redondela, Bernardino Graña, Tradución...