A editora coruñesa InÉditor presenta a súa proposta de novos autores na Feira do Libro de Madrid

As letras descoñecidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Aínda que xa leva varios meses de actividade, a editora coruñesa InÉditor fixo esta fin de semana a súa posta de longo ao se presentar oficialmente na Feira do Libro de Madrid. Esta proposta, dirixida por Gonzalo López Torres, nace coa intención de dar a coñecer autores de calidade que se encontren "fóra dos círculos mediáticos actuais" atendendo, segundo el, "a calidade literaria na súa máxima expresión e sen barreiras idiomáticas". Polo momento, as tres primeiras propostas están en castelán, e son os títulos "Diario de un manipulador", da coruñesa Susana M. Veiga, "MS o cómo entender a literatura" de Félix Chacón, e "Las miserias del héroe" de Germán Temprano.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da editorial

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Madrid, Literatura, Galicia Hoxe

Claves

Entidades
Lugares