Aprázase o congreso que o Instituto Cervantes ía celebrar sobre lingua e literatura galegas en Nova York

Nova York terá que agardar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A falta de apoio da Xunta é, segundo o escritor e promotor da iniciativa Kiko Álvarez, a causa de que se adíe o congreso que o Instituto Cervantes de Nova York ía celebrar sobre lingua e literatura galegas. A convocatoria, que estaba prevista para o vindeiro mes de xuño na sede que ten o Instituto na Grande Mazá quería reunir por primeira vez nesta cidade representantes de diferentes campos da nosa cultura. Segundo Kiko Álvarez, a Xunta non deu resposta ás solicitudes de colaboración con este evento e na actualidade está a se procurar axuda privada para desenvolver o programa previsto.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Literatura, Instituto Cervantes, Culturagalega