Inma López Silva gaña o XIV certame de Narrativa ‘Manuel Murguía’ de Arteixo

Vento a favor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A obra “Aqueles que retratan o vento” foi elixida polo xurado entre os oitenta textos que se presentaron para levar o galardón e os 4000 euros de dotación económica que o acompañan. Inma López Silva, colaboradora habitual de Lg3, escribiu un relato ambientado na ditadura arxentina do Xeneral Vilela e na que conta a historia dunha das nais da Praza de Maio entre Galicia e Arxentina. A escritora recibiu no ano 2002 o premio Xerais pola súa obra “Concubinas”. Henrique Rabuñal, director do certame, destacou o alto nivel literario da obra de López Silva no acto de entrega do premio. Tamén entregouse o Murguía infantil a David Santiago López. En novembro comezará a edición dos últimos cinco relatos gañadores do concurso.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Inma López Silva, Arxentina, Manuel Murguía, Narrativa...