Relánzase a distribuidora Arnoia, que porá no mercado de xeito exclusivo obras de dez editoras do país

Arnoia II

O proxecto dunha distribuidora que se encargue dos productos da maior parte das editoras galegas deu un novo paso onte coa presentación do proxecto Arnoia. Esta distribuidora fará chegar de xeito exclusivo a mil puntos de venda as obras de Laiovento, Albarellos, Espiral Maior, Toxosoutos, Ir Indo, Do Cumio, Edicións do Castro, Unipro, do Instituto de Estudos Vigueses, e da discográfica Ouvirmos. Con este proxecto as editoras queren mellorar a presenza do libro galego nas librarías e atender pedidos nun prazo de vinte e catro horas. Arnoia xa se presentara o pasado mes de xaneiro con menos membros e coa participación de Xerais e de Galaxia, que apuntaron que manterían de xeito paralelo as súas propias canles de distribución.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos