Sete grandes editoriais galegas organízanse para distribuír conxuntamente a través da empresa Arnoia

Unión en Arnoia

Edicións do Cumio, Espiral Maior, Laiovento, Toxosoutos, Ir Indo, Galaxia e Xerais distribuirán conxuntamente os seus produtos a través da distribuidora Arnoia nunha aposta pola mellora do servizo. Aínda que Arnoia leva xa case vinte anos traballando, foi a apertura das súas novas instalacións no concello pontevedrés de Vilaboa a que permitiu dar este paso histórico, que permitirá atender as demandas dos libreiros en vintecatro horas. Xerais e Galaxia, de calquera xeito, manterán as súas canles de distribución propias para determinados clientes.

Máis información en Galicia Hoxe