Prepárase a celebración do Día das Letras no Bierzo mentres diferentes colectivos preparan as súas actividades

Adianto de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A celebración do Día das Letras dedicado a Lorenzo Varela comprende unha chea de actividades que van do audiovisual ao literario e que se reparten por toda a xeografía da comunidade e mesmo mais aló. Deste xeito, desde o Bierzo xa se anunciou unha completa programación que pretende, a través de homenaxes, recitais ou a proxección dunha curtametraxe conmemorar este evento. Mentres, na Coruña o Centro Galego de Artes da Imaxe organiza con ocasión desta celebración un ciclo de curtametraxes que se desenvolverá entre o dez e o dezaseis deste mes. Finalmente, Diario de Ferrol adianta a multitude de actividades que bibliotecas e asociacións organizan pola comarca e que inclúen música, recitais, conferencias e entregas de premios, entre outros.

Máis información no Portal Galego da Lingua, en Galicia Hoxe e en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Bierzo, Asociacións, Xeografía...