A metamorfose de Doa en Cantigalia inclúe a Rosa Cedron no proxecto musical

Doa + Cedrón = Cantigalia

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
A incertidume sobre o futuro da ex-Luar na lubre, Rosa Cedrón, xa rematou coa última nova que a sitúa como parte dun novo grupo de nome Cantigalia xunto aos membros de Doa. Cedrón deixou en xaneiro Luar na lubre despois de nove anos nesa formación para “facer algo diferente”. Cantigalia supón unha aposta pola música folk medieval na que a cantante traballará xunto aos membros de Doa, un grupo que se creou nos anos setenta e que aínda seguía en activo. Os veteranos músicos Xoán Piñón, Bernardo Martínez e Xaquín Blanco fornecen a formación coa voz e o violonchelo de Cedrón buscando a interpretación anovadora da música popular e medieval.

Máis información en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Rosa Cedrón, Bernardo Martínez...

Claves

Entidades
Conceptos