A literatura galega desembarca en Barcelona cunha chea de actividades na semana do Libro

Sete días en Barcelona

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Na semana que leva á celebración do Día do libro, a Galería Sargadelos de Barcelona convoca a unha chea de actos, presentacións e exposicións que tentan constituír un completísimo percorrido pola actualidade editorial galega. As máis importantes editoriais do país xunto a figuras senlleiras do noso panorama literario, xornalístico e mais ensaístico, daranse cita durante todo o mes entre o día 18 e o 26. Acompañando ás actividades, e até o 30 de abril, poderase visitar a exposición Ánxel Casal (1895-1936). Esta exposición consta de 27 paneis nos que se percorre a vida e a obra deste editor e político coruñés, asasinado nos primeiros días da Guerra Civil, cando era alcalde de Santiago de Compostela.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Vieiros, Literatura, Ánxel Casal...