Silleda acolle unha nova edición da súa Semana do Humor, que homenaxeará a Agustín González

Risas en Trasdeza

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Moncho Borrajo, Pepe Viyuela, Trotell Proltrona, o mago Teto, Viravolta ou os Quinquilláns son só algúns dos artistas que compoñen o cartel da cuarta Semana do Humor de Silleda. Entre o 29 de abril e o 1 de maio poderá asistirse, ademais de ás actuacións destes artistas, a exposicións de caricaturas e obradoiros de banda deseñada, pallaso e ilusionismo. Entre outros caricaturistas achegaranse ao encontro Kiko da Silva, Daniel Montero e Omar Pérez. O evento renderá homenaxe nesta edición ao actor recentemente falecido Agustín González, e incluirá unha gala a prol das víctimas do tsunami.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Silleda, Kiko da Silva, Banda deseñada...