O IGAEM, Antón Costa, o telexornal e o colexio Sánchez Cantón de Pontevedra, premios Irmandade do libro

Premios con premios

Esta fin de semana coñecéronse os premios Irmandade do Libro. Uns galardóns que concede a Federación de Libreiros e que foron para o IGAEM (no apartado de institución) para a o microespazo literario que ten o Telexornal da TVG (no apartado de medios de comunicación) para a libraría “Librouro” de Vigo, para o centro Sánchez Cantón de Pontevedra e para Antón Costa polo seu ensaio “Historia da educación e da cultura en Galicia”. Pero non foi o único premio que se soubo esta fin de semana, Blanca Riestra (A Coruña, 1970) fíxose coa XXVII edición do “Tigre Juan” pola súa obra “O soño de Borgues” e Isidro Novo cos 6.000 euros que ten o Premio Vicente Risco pola súa obra “Un escuro rumor tralo silenzo”. Por último, mañá martes a ministra de Cultura, Carme Calvo presidirá en Lugo o acto de entrega dos premios nacionais de literatura correspondentes ao ano 2004.

Máis información sobre o premio Irmandade do Libro en Galicia Hoxe; sobre o premio “Vicente Risco” en Ya.com en sobre o Tigre Juan en Terra.es