Compostela acolle as presentacións de tres novas obra escénicas no retorno da Semana Santa

O teatro tamén volta ao traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A nova compañía Sapristi estrea mañá no Teatro Principal de Compostela a súa primeira obra “Hotel Run”, unha proposta de humor “un pouco extremo” segundo explican os responsables da proposta. Case simultaneamente Factoría Teatro achega á NASA a estrea de “Tío Vania” de Chéjov. Mentres, Ana Vallés e Carmen Werner presentaron onte “Pie izquierdo”, un espectáculo de danza que se estreará o dous de abril en Tenerife e que se poderá ver en maio no noso país.

Máis información sobre “Hotel Run” en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe sobre “Tío Vania” e sobre “Pie izquierdo”

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Semana Santa, Ana Vallés, Espectáculo...