A Xunta reitera o respaldo para o sector audiovisual cun plan estratéxico 2005-2009

Cuatrienio audiovisual

18/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pérez Varela, o conselleiro de Cultura, convocou para o día de hoxe unha rolda de prensa para facer públicos os primeiros avances sobre o “Libro branco do audiovisual” que prepara a súa carteira. No transcurso da mesma destacou que a Xunta seguirá apoiando ao sector e que prepara un plan estratéxico 2005-20096 que persegue, entre outros obxectivos, conseguir que a produción galega represente o 20% do montante estatal. Ademais, avanzou a creación dun Observatorio Audiovisual de Galicia, un Rexistro Galego de Empresas e o Consello Audiovisual de Galicia. Polo demais, o conselleiro avanzou un “decálogo” con actuacións orientadas a completar a actividade reguladora do sector.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves