PEN Clube homenaxea algúns dos máis destacados autores galegos cun ciclo de xantares literarios

A outra mesa do libro

14/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
18 lecturas | Compartido 0 veces
Sete destacados restaurantes do país acollerán o ciclo de Xantares Literarios cos que o PEN Clube galego quere homenaxear autores do país que se dedicasen, total ou parcialmente, á gastronomía. Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro ou Ramón Otero Pedrayo serán algúns dos escritores recordados polo seu vencello co bo xantar A actividade literario-gastronómica conta co apoio do grupo Xantares de restauradores e da Consellaría de Cultura. Será o propio conselleiro, Xesús Pérez Varela, quen abra as homenaxes o vindeiro vinte e nove de marzo.

Máis información en Galicia Hoxe


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PEN Clube, Ramón Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Xesús Pérez Varela...