A USC integra o seu proxecto do campus dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Un campus con saúde

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Senén Barro, rector da USC e, Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, asinaron onte un convenio polo que o novo proxecto de campus da institución académica se inclúe dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal. No convenio asinado onte acordaba a cesión de espazos para construír o futuro “Campus da Saúde” que supón a concentración no controno próximo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) das facultades de Medicina, Odontoloxía, Enfermería así como laboratorios e servizos común. No transcurso desa sinatura tamén se falou da posiblidade de reservar dous espazos para a investigación: un no polígono industrial de San Marcos dedicado ás novas tecnoloxías e outro nas inmediacións da Cidade da Cultura.

Máis información no web da USC

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Medicina, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos