A Universidade de Santiago cede fondos dixitalizados á Cidade da Cultura a través dun convenio coa Xunta

Da Universidade á Cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O rector da Universidade de Santiago, Senén Barro, entregou onte a Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, os primeiros fondos dixitalizados por esta institución con destino á biblioteca da Cidade da Cultura. Este primeiro paquete incluíu arredor de mil textos de entre os séculos XVI e XIX en CD-Rom, ademais dunha selección de sesenta e nove manuscritos. O traballo continuará coa dixitalización de monografías do XIX e de publicacións periódicas, cumprindo o acordado no convenio que as dúas institucións asinaron hai meses.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia