Os premios nacionais de literatura entregaranse no Círculo das Artes de Lugo o cinco de abril

A literatura cruza a muralla

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
No transcurso dunha conferencia na Aula de Caixa Galicia de Lugo o escritor Juan Manuel de Prada confirmou que o acto de entrega dos premios nacionais de literatura do 2004 farase en Lugo. Prada, que foi recoñecido na modalidade de narrativa pola obra “La vida invisible” (Espasa), recollerá o seu premio o cinco de abril no Circulo das Artes como tamén farán o resto dos premiados nun acto presidido pola ministra de Cultura, Carmen Calvo. Entre os galardoados no resto das modalidades do premio está a poeta Chantal Maillard, o filósofo Javier Gomá, o dramaturgo Sanchís Sinisterra, o historiador Julio Valdeón e o escritor Gustavo Martín Garzo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Círculo das Artes de Lugo, Narrativa, El Progreso...