Kike Benlloch é un dos cerebros que se agocha detrás de "Mmmh!", a última iniciativa da banda deseñada galega. Un álbum autoeditado que amosa que se poden facer cousas boas con pouco investimento. Coñecemos mellor o proxecto e o mundo da novena arte en Galicia da man dun dos escasísimos guionistas que temos neste medio.
¿Como xurdíu esta idea?
Pois a idea ten varios referentes. Un referente obvio é o Cómix 2000, que é unha obra internacional, toda con historias mudas. Pero é máis un referente que unha idea de partida. A idea de partida é moito máis espontánea. Eu xa teño contado a anécdota de que en edicións anteriores de "Viñetas desde o Atlántico" cando lles entregábamos exemplares das nosas obras ós autores convidados para mostrarlles o que se facía por aquí, a maior parte deles non podían lelas, non as podían comprender, só podían mirarlle os santos. E entón saíu un pouco de aí a idea, de ver qué podíamos facer que traspasase fronteiras, sen necesidade de contactar con editores estranxeiros, sen necesidade de pensar nunha edición noutro idioma, simplemente é un contacto directo con xente doutros países. Isto pódelo enviar fóra, a calquera sitio e calquera persoa que estea minimamente alfabetizada na narrativa gráfica pode entendelo.
O FABULOSO DA BANDA DESEÑADA É QUE PODES INVENTAR RECURSOS NARRATIVOS
¿Entón a idea foi máis por acadar unha maior difusión para a obra que por un motivo de experimentación narrativa?
En realidade foi polas dúas cousas, porque van parellas. Porque unha vez que renuncias ó texto no que é unha historia de cómic, desde ese momento xa te estás forzando a ti mesmo a empregar todos os recursos narrativos da banda deseñada e a expandir a gramática, que é o máis interesante. A banda deseñada, o fabuloso que ten, a diferencia da linguaxe escrita, é que podes inventar recursos narrativos, e iso é máis difícil facelo na linguaxe escrita porque as convencións están moito máis establecidas. A min pasoume que facendo estas historias ocorréronseme cousas que nunca vin e que non pensara en facer antes. Simplemente pola necesidade de ter que botar man de algo novo.
¿Tentastes falar con algunha editoral para editar "Mmmh!" ou recorrestes directamente á autoedición?
Houbo un contacto preliminar cando o proxecto aínda non collera forma. Eu envieille a Miguel Ángel Álvarez de La Factoría de Ideas as primeiras seis páxinas do proxecto. Máis concretamente as que están no álbum entre a 38 e a 43, que foron as primeiras que se fixeron. Envieillas en xaneiro ou febreiro do 2001 pero non se amosaron interesados. E daquela o concepto do álbum que finalmente fixemos aínda non estaba claro, non sabíamos en qué formato íamos traballar nin nada. Pero tampouco foi unha proposta en firme, con todo o material. Acabamos traballando sen subvencións, nin nada. O proxecto está tanto financiado como publicado polos propios autores porque non hai moitas opcións, a verdade. E moitas das opcións que hai non nos parecen válidas, non nos parece que estean aportando nada. E entón para traballar gratis preferimos facelo nós, controlar o producto e levar os beneficios integramente.
Contades con que haxa beneficios logo.
Si, claro. Nós somos optimistas, por suposto. Contamos con amortizar a tiraxe nuns cantos meses e establecer unha dinámica de traballo en equipo con toda esta xente. Agora mesmo e tal como estamos non nos podemos comprometer a unha periodicidade nin a manter unha liña editorial, pero a nosa intención é, se funciona, seguir adiante con Polaqia. Que Polaqia sexa un núcleo de creadores e de autoeditores. De xente que controla a súa propia obra e o material que lle vai chegar ó público.
¿Seguiredes os que estades neste álbum, estades abertos a máis xente...?
Polaqia en realidade nace como... Ben, a idea de Polaqia nace en "Nieve Negra" como un chiste, unha editora ficticia de BD. Entón habería que comezar acreditando a Kike, a Adrián [López] e a Jano polo nacemento da idea. Pero en realidade Polaqia como asociación de creadores que se autopublican somos nós os cinco. Ben, os cinco contando co sexto que é Fernando [Iglesias] que é un pouco coma o quinto Beatle [risas]. Fernando, aparte de xogar ese rol de quinto Beatle é tamén un pouco o noso padriño, porque nos fixo a portada. Pero eu creo que si, que se pode contar con esta xente e teño unha confianza absoluta en Jano, Bernal e tamén en David. Alberto é un pouco o recén chegado, estamos un pouco á espectativa de por onde lle interesa a el encauzar a súa carreira artística, e poida que por razóns de estudios se teña que desprazar... Entón, nunca te podes comprometer a que o próximo proxecto de Polaqia vaia contar cos cinco, pero eu creo que coa maior parte de nós si que vai contar, e ademais hai máis xente. Coñecemos xente que está facendo banda deseñada fabulosa e que non se están comendo nada porque este é un medio miserable nun mercado miserable. Pero co talento que teñen, se chegan a nacer en Francia ou en Bélxica estarían gañando a vida facendo banda deseñada. Ou sexa que hai xente por un tubo.
Hai en proxecto unha novela gráfica ambientada na fronteira entre Estados Unidos e México
¿Cal sería a continuación despois de "Mmmh!"?
O colectivo Polaqia agora mesmo, incluido Adrián que non participou no primeiro proxecto, ten abertos varios frentes. Hai un proxecto dunha novela gráfica ambientada na fronteira entre Estados Unidos e México, na que estamos Adrián e mais eu coma guionistas e os debuxantes serían Jano e Bernal. Esta novela ten unha estructura bastante curiosa, xa que hai partes do relato debuxadas por Bernal e partes debuxadas por Jano. Argumentalmente isto está xustificado, ten unha razón de ser. Aparte desta novela gráfica eu estou preparando outros proxectos de historias breves e tamén estou falando con David do que pode ser o noso próximo traballo. E con Alberto estou preparando un proxecto que probablemente non sería para Polaqia, sería para un editor externo que temos que buscar. Pero o que está claro é que o selo de Polaqia, por si só ou asociado con outras empresas, no sentido máis amplo da palabra empresa, estou seguro de que vai dar que falar e que vai haber material.
Saídes á rúa en agosto, en maio presentouse BD Banda, ¿credes que hai sitio para os dous proxectos?
Eu non creo que haxa sitio, creo que o sitio hai que facelo. De partida non hai sitio nin para BD Banda nin para nada. O que está demostrando Kiko coa revista e nós co noso proxecto, é que o espacio non está de antemán aí, haino que fabricar. Ambos proxectos non teñen nin por que ser contrarios nin complementarios nin nada, non teñen nada que ver... e ó mesmo tempo téñeno todo que ver: Da xente de Polaqia estamos traballando para o número dous de BD Banda, polo menos tres. Bernal e mais eu publicaremos tres historias e David Rubín está preparando outra pola súa conta. Entón pode haber un trasvase entre os proxectos sen ningún tipo de problema. Polaqia en principio é un proxecto máis pechado. Somos autores-editores e un núcleo de xente cun concepto moi definido no que ó mellor non entraría xente que pode entrar en BD Banda. Habería que preguntarllo a Kiko, pero eu creo que o concepto de BD Banda é máis aberto, máis de revista, máis ecléctico. E os proxectos de Polaqia van ter todos un concepto, un concepto moi definido tanto argumental como graficamente. O concepto de "Mmmh!" foron as historias mudas e unha estética en branco e negro, unha estética indie, artística e un pouco experimental. Nos proxectos que fagamos proximamente non imos repetir este concepto, pero cando escollamos un concepto, ese concepto vai estar presente de xeito bastante monolítico no proxecto que desenvolvamos.
UN PODE FACER A SÚA BANDA DESEÑADA, E PUBLICALA, E NON PERDER DIÑEIRO E A LONGO PRAZO GAÑALO
Pero aínda así pode ter variacións de estilo, narrativas...
Si, por suposto. A miña idea é que Polaqia sexa un cauce tanto para propostas fortemente artísticas (como esta), como para propostas comerciais. Eu son partidario de que tamén hai que facer material para vendelo en cantidades grandes. A min o que me sorprende é que dunha aposta máis creativa que comercial como foi este noso primeiro proxecto, a resposta do público é positiva. Non estamos vendo que se estea percibindo como algo estraño. Nós con isto estamos comprobando en primeiro lugar que se pode facer. Un pode facer a súa banda deseñada, e publicala, e vendela e non perder diñeiro e a longo prazo gañalo.
[Faltan editores:
É unha pena que as editoras establecidas, e non vou dar nomes, pero todas as editoras que teñen uns cauces de distribución e de inversión, -que teñen traballado máis en campos coma a prosa, a poesía ou o teatro-, que non se arrisquen minimamente, porque isto tampouco é un risco de arruinarse. Eu creo que o problema é a ausencia de editores, pero non de editores no sentido de publishers, de publicadores, senón de editores no concepto de editors, de directores editoriais. Hai unha ausencia moi forte nas editorais establecidas de editores que entendan como funciona a banda deseñada, que saiban como crear un concepto de producto e como vendelo. Entón, mentres non exista esta figura de editor de banda deseñada, dunha persoa que sabe do medio e sabe como facer equipos creativos e como vender o producto, non hai nada que facer. Hai un abismo brutal entre os creadores de banda deseñada galegos e editores (publicadores). Ese espacio morto só o pode cubrir unha persoa que entenda tanto as necesidades da editorial como as de creador. E a min ocórrenseme catro persoas polo menos que poderían desenvolver ese rol crucial en Galicia. E podo darche nomes coma Carlos Portela ou mesmo Miguelanxo Prado se non estivese tan metido en labores creativos. Hai moitísima xente aquí que podería estar cobrando un soldo por parte de editoras grandes, dirixindo e supervisando productos de banda deseñada que fosen rendibles económicamente. A min non me cabe ningunha dúbida.]
Na web de presentación do álbum falades das coincidencias gráficas e narrativas que se dan entre os autores. ¿Cres que esas coincidencias poden estenderse a outros autores galegos ou son características do voso grupo?
Sen querer pecar de inmodestia, eu creo que si hai un referente. Nós levamos moito tempo traballando xuntos. Eu teño aprendido moito de Jano, hai influencias mútuas entre Jano e Bernal, incluso, que as percibes só cando levas moito tempo traballando con eles... O que está claro é que hai unha estética que nos une, e é curioso porque o propio David Rubín, unha persoa que nós non coñecíamos antes deste proxecto, que non é da Coruña, -porque A Coruña sempre tivo unha tradición bastante underground, bastante indie- ten referentes comúns. Eu non son partidario de poñer etiquetas, pero está claro que hai algo aí, hai un elemento común entre nós que se ve lendo as historias. Vense estilos distintos pero tamén unha consistencia gráfica. Se isto se estende a outra xente, non o sei. O que sei é que hai outra xente que non está incorporada a Polaqia, que está facendo material consistente e que se poderían incorporar perfectamente.
Dadas estas coincidencias, ¿podemos falar de influencias comúns?
Á hora de dar nomes, hai tantos referentes... Está claro que en xeral Bernal e Jano están moi influidos polo cómic franco-belga. Son xente que admiran moito a autores coma Mattotti, mesmo Hugo Pratt... Tamén hai unha influencia moi importante de norteamericanos, tanto estadounidenses coma canadianos. Así temos a Seth, Charles Burns, Daniel Clowes, autores españois coma Federico del Barrio, Felipe Hernández Cava, Raúl, Javier Olivares... Se teño que escoller un autor que me influíse, aínda que despois non se note, de decir un só nome, tería que dicir Jaime Hernández que é estadounidense. E dos estadounidenses tamén James Kochalka, se non cho digo mátame Jano. Despois, dos franceses Trondheim. Tamén está Mazzucchelli, voltando ós estados unidos. José Muñoz, que é argentino... Todos eses, son referentes moi fortes en todos estes autores.
Estabas dicindo que o álbum está tendo boa acollida.
O Salón da Coruña permitiunos xa amortizar o cincuenta por cento da inversión, o que é unha boa forma de comezar. Nós agora mesmo temos arredor de cento cincuenta exemplares distribuídos entre as principais localidades galegas, coa excepción de Ferrol, que tentaremos solucionalo axiña. E fóra estamos nas tres localidades principais no mundo da banda deseñada, que son Madrid, Barcelona e Valencia. E estamos falando con xente de Portugal para ver de distribuilo alí tamén.
Partides dunha tiraxe de cincocentos exemplares, ¿non vai haber reedicións?
Non. Nós en principio non somos partidarios das reedicións. Este é un medio minoritario e é máis importante aportar material dirixido a coleccionistas, a xente que sabe o que está comprando, que saturar o mercado de grandes tiraxes que despois vaian morrer nun almacén. Nós queremos que o material estea nas estanterías dos afeccionados, dos bos afeccionados. Aspiramos a convencelos de que o noso material é suficientemente bo para estar nas casas, non queremos que quede nos almacéns das distribuidoras ou tirado nos quioscos.
¿Polaqia está constituída como asociación ou ten un estatuto legal dalgún tipo?
Non, Polaqia agora mesmo non está constituída dun modo formal. Porque tampouco se pode comezar a casa polo tellado. É máis importante constituir un colectivo de creadores, formar unha dinámica, crear unha serie de contactos a nivel de distribuición, de librerías... Porque hai libreiros que, temos que dicilo desde aquí, Librerías como A Gata Tola en Santiago, Paz en Pontevedra ou a cadea das tres Mázinger en Coruña, Ourense en Vigo, que nos están apoiando incondicionalmente. E entón eu creo que é máis importante partir da base, crear uns cimentos sólidos e despois ver se co paso do tempo nos interesa constituirnos como editorial ou nos interesa constituirnos coma selo creativo.
[O rol de outros:
O máis importante é que nós estamos cumprindo un rol que non nos corresponde. É dicir, os creadores teñen que crear banda deseñada, os editores téñena que publicar e vendela. O labor de impresión, de edición e de venda non corresponde ós autores de xeito natural. No meu mundo ideal, Polaqia sería contratada por unha editorial para ser unha liña editorial creativa, digamos unha subcontrata. Nun medio normalizado iso é o que ocorrería. De feito estámolo comprobando como ocorre en outros países do mundo, onde se crean estudios de traballo, debuxantes, guionistas e coloristas e cando as editoras ven que funcionan pasan a ser liñas editorias ou subselos. ]
Nun nivel máis persoal, ¿podíasnos falar dos teus comezos no mundo da banda deseñada?
Os meus comezos no mundo da banda deseñada son por suposto como lector. As primeiras bandas deseñadas que lembro, de cando tiña seis anos, eran da escola Bruguera. Arredor dos oito anos descubro todo o material clásico franco-belga. O meu pai xa era afeccionado a Astérix, e cando me pasou eses álbumes quedei alucinado. Despois descubrín a Tintin, Spirou, todos os clásicos franco-belgas. E foi como unha ruptura co anterior, afeito ó material de Bruguera que era moi humorístico, agradable, pero bastante simplón, de repente descubrín unha cousa que non só era comercial, senón que tamén era artística. Despois na adolescencia afeccioneime moitísimo ó cómic de super heroes americanos e tamén gocei moito, porque foi a etapa gloriosa dos anos oitenta con xente como Chris Claremont, Alan Moore, Frank Miller... que fixeron verdadeiras virguerías. A continuación descubrín toda a banda deseñada independente de Estados Unidos e de Canadá e agora estou un pouco voltando a casa, estou redescubrindo toda a banda deseñada do mercado franco belga que xa vén de volta, que xa non son os fillos de Astérix e de Tintín, senón os netos. Xente como L'Association, xente que está traballando para o mercado europeo facendo material independente moi rompedor.
QUEREMOS QUE O MATERIAL ESTEA NAS ESTANTERÍAS DOS BOS ALECCIONADOS
Ata o de agora a maior parte dos teus traballos son como guionista, ¿por que cres que hai tan poucos escritores na BD galega?
Porque este é un medio que non dá diñeiro suficiente para repartir ó cincuenta por cento a gañancia entre guionista e debuxante. E despois que moitos debuxantes teñen tamén conceptos creativos completos. Jano e Bernal son xente que non teñen problemas por traballar con guionistas, aí está "Nieve Negra" para comprobalo, pero tamén ás veces queren contar as súas propias historias. Eu creo que é importante que haxa guionistas. Estou convencido de que a sinerxia creativa que se forma entre dúas persoas, dá un producto final que sempre é mellor que a suma das partes. Ademais hai un trasvase creativo. Tanto o debuxante incorpora melloras ó guión coma no outro sentido, tamén o guionista lle corrixe cousas ó debuxante. A miña experiencia traballando con xente coma Jano ou Bernal é totalmente enriquecedora. E con David Rubín e Alberto igual. Son xente coa que, cando conectas, o producto final vai ser sempre moito mellor que o que podes facer ti só.
Em mmmh!! debuxas unha historia, ¿vas continuar a debuxar ou centraraste nos guións?
Eu confeso que debuxei dúas historias para o álbum porque non tiña debuxantes suficientes [risas]. Teño exceso de guións, estou escribindo constantemente. Teño dous guións de cine acabados, unha novela a piques de rematar e guións de comic por un tubo. Entón foi máis por necesidade que por que realmente quixese. Non sei se vou continuar, dependerá das circunstancias e de que o producto que eu vexa rematado me pareza minimamente decente. Non estou dicindo que ocorrese nesta ocasión pero en fin. Curiosamente a resposta da xente foi bastante positiva. Creo que son mellor planificador que debuxante, convénceme máis o traballo que fago á hora de diagramar e de escoller planos e montar páxinas que o que é o debuxo definitivo porque eu son guionista, son un guionista que debuxa. Pero iso non quita para que se as circunstancias o requiren non o volte facer.
¿Como ves a situación da banda deseñada galega?
A banda deseñada galega é como un rapaz varil, forte e saudable que vai vestido coa roupa de cando tiña seis anos. Esa é a circunstancia. A base, que son os creadores estamos dando unha lección de iniciativa e de arranque. Hai xente moi talentosa, moitos debuxantes -e algúns guionistas, debería haber máis-, que non están a gañar a vida con isto porque as editoras non teñen moi claro que é o que hai que facer. Entón a metáfora é un pouco esa, un rapaz saudable que viste con mala roupa porque non lla dan. Pero a banda deseñada galega está en condicións de competir coa do estado perfectamente, e confiemos en que pronto nazan proxectos comerciais que poidan dar diñeiro. Eu creo que as editoras teñen que ver que os beneficios da banda deseñada non sempre son directos. Os beneficios non son só os cartos que vas gañar co cómic, senón que estás creando franquicias, boas historias que se poden trasladar despois a outros medios, á animación, á imaxe real. Estás creando personaxes dos que vas poder vender camisetas, figuras de acción, posters... O que é triste é que nos teñan que vir sempre con franquicias de fóra a vendernos a moto. Tanto con productos mediocres coma "Pokémon", coma productos de calidade, como a película de "Final Fantasy", que ten un argumento moi traballado. Hai que saber sacarlle partido ás cousas, e os editores teñen que buscar eses cauces, para iso están. Eles son os que teñen que facer diñeiro, nós témonos que limitar a crear, a dar o mellor de nós, e eles teñen que dar o mellor deles que é buscar eses cauces para facer diñeiro.
A SINERXIA CREATIVA QUE SE FORMA ENTRE DÚAS PERSOAS, DÁ UN PRODUCTO FINAL MELLOR QUE A SUMA DAS PARTES
[O triángulo:
Esperamos que os creadores se interesen por este tipo de iniciativas, por Polaqia e por BD Banda, que intenten incorporarse. E por outra banda, que o público tente conectar cos autores. É moi importante que o público se poña en contacto cos creadores. A través da web de Polaqia a xente pódenos enviar os seus comentarios, e é moi importante que nos digan que foi o que máis e o que menos lles gustou, para enfatizalo e correxilo respectivamente. O terceiro vértice deste triángulo serían os editores, que tamén confiamos en que vexan dunha vez que se catro autores matados poden levar a cabo estes proxectos, eles coa infraestructura que teñen, teñen que ver que son viables. Que non teñen que investir millóns de pesetas para sacarlle diñeiro á banda deseñada galega. Que con inversións pequenas pódense recuperar os cartos e, o que é o máis importante, pódese crear un mercado interno. É dicir, habituar á xente que compra novela, que vai ó cine ou que vai ó teatro, a comprar banda deseñada galega. Iso é fundamental, crear unha fidelidade nos lectores e que cada vez se acheguen máis os creadores ós lectores. Que os creadores teñamos claro qué é o que quere o público para un pouco harmonizar o que nós queremos contar co que eles queren ler. Iso é o máis importante. ]
A nivel creativo ¿que novos proxectos tes?
Proxectos dentro de banda deseñada estou en conversas con David Rubín e con Alberto Vázquez para dous proxectos separados. Estou a traballar xa en firme con Jano, Adrián e Bernal no que será a vindeira novela gráfica de Polaqia. Neste proxecto o tratamento de guión xa leva seis versións, ou sexa que xa lle levamos dadas moitas voltas, e estamos comezando co deseño de personaxes e coa documentación. Despois estou sempre buscando novos debuxantes para máis proxectos. Fóra da banda deseñada estou rematando unha novela e teño outras dúas en carteira que tamén están bastante avanzadas. Despois teño estes dous guións de cine rematados á agarda de que algún productor se anime ou de buscarlle outro cauce de saída como pode ser novelalos ou vertelos ó cómic. E desde o punto de vista de creación, iso basicamente.