O Consello da Cultura Galega recompila nun catálogo os documentos do bispo auxiliar de Santiago

Catálogo auxiliar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Monseñor Guerra Campos foi o bispo auxiliar de Santiago e un dos coñecedores máis importantes do tema xacobeo. Durante a súa vida foi coleccionando recortes de prensa, informes, imaxes e numerosa documentación bibliográfica sobre o tema xacobeo e sobre a Catedral de Santiago desde o punto de vista arqueolóxico e artístico. Un material que o Consello da Cultura Galega acaba de editar en formato electrónico. O documento chámase “Catálogo da Colección Guerra Campos” e estará dispoñible proximamente no web corporativo do Consello da Cultura.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Catedral, Xacobeo, Guerra...