Unha rede de banda ancha conectará universidades do Sur de Galicia coas do Norte de Portugal

TORGA en xigabytes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Liñas de fibra óptica cun ancho de banda de entre un e dez xigabytes por segundo unen deste onte os campus de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Braga e Guimarães a través da rede TORGA.net. Este proxecto pretende facilitar labores de investigación común mantendo xuntanzas remotas con imaxe e son en tempo real e foi financiado polos fondos do proxecto Interreg IIIA da Unión Europea.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do proxecto

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, Galicia Hoxe, Unión Europea, Vigo...