Luís Álvarez Pousa faise con Premio de Honra dos María Casares

A honra de María

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A actividade desenvolvida en favor da cultura cando foi Director Xeral estalle valendo a Luís Álvarez Pousa numerosos galardóns. Ao Mestre Mateo que lle concedeu a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación de Actores e Directores e Técnicos de Escena (AADTEG) vaille entregar o Premio de Honra do certame María Casares. Este xornalista ourensá asumiu no seu momento o reto de por en marcha o Centro Dramático Galego, ademais de ser o impulsor da Mostra de Teatro de Ribadavia. A asociación fará entrega do galardón no acto convocado para o Día Mundial do Teatro (27 de marzo) no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Máis información en La Voz de Galicia e consulta os candidatos na nosa nova

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Álvarez Pousa, María Casares, Rosalía de Castro, Día Mundial do Teatro...