Os organizadores do Día das Letras Chairegas rebélanse contra a Mancomunidade de Concellos da zona

Rebelión na chaira

O anuncio feito polo alcalde de Castro de Rei de que a Mancomunidade de Concellos da Terra Chá organizará esta ano o Día das Letras Chairegas está a motivar unha auténtica rebelión cultural nesta comarca. Os organizadores das catro edicións celebradas ata o momento sinalan que o edil tomou esta decisión sen os consultar, movendo ademais a data para a última fin de semana de maio, polo que anuncian un boicot. Este evento non se puidera celebrar o pasado ano pola falta de apoios ás comunidades escolares que o organizaban tradicionalmente.

Máis información no La Voz de Galicia e nos nosos arquivos