Guionistas, directores, actores, actrices e realizadores, entre outras profesións do sector, están a traballar para ofrecer “Hai que botalos”. Trátase dun proxecto audiovisual que pretende ofrecer 25 curtametraxes que farán un percorrido polo paÃs de cara ás eleccións. Esta “campaña de estimulación do "boto", segundo figura no seu sitio web, está promovida por Burla Negra e A Fraga Maldita. Escritores como Manolo Rivas, Séchu Sende, Rosa Aneiros, Suso de Toro, os actores e actrices Mabel Rivera, LuÃs Tosar ou Miguel de Lira, e Margarita Ledo, Ricardo LLovo ou Xosé Zapata como realizadores forman parte deste proxecto. A produción distribuirase a través de canles non comerciais, con proxeccións nas cidades e vilas do paÃs ao que se poden sumar aqueles colectivos e particulares que o desexen. Ademais, os promotores tamén contemplan a edición dun DVD.
Máis información neste web