Burla Negra e A Fraga Maldita presentan esta fin de semana o filme “Hai que botalos”

Estrea

20/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Escritores, actores, guionistas, realizadores... ata un total de 300 profesionais de distintas áreas do audiovisual galego presentan este domingo no Teatro Principal de Santiago (en pases de 19:30h e de 22:30h) o filme “Hai que botalos”. Trátase dun proxecto colectivo formado por 24 curtametraxes de ficción e documentais. Promovido pola Burla Negra e A Fraga Maldita pretenden ofrecer, segundo figura no seu web, “unha visión libre e independente dos 16 anos de goberno popular en Galicia”. Logo da estrea, os promotores distribuirán o producto a través de internet e en DVD.

Máis información nesta web

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burla Negra, Documentais, Internet, Escritores...