Suso Peña, un dos pioneiros da banda deseñada profesional do noso país, falecía esta fin de semana

Fina un veterano

A morte encontrou a Suso Peña aos sesenta e catro anos de idade na súa casa de Ribadeo. Peña, que levaba anos afastado da banda deseñada, formara parte a mediados dos anos sesenta do grupo La Floresta onde nomes destacados do panorama estatal coma Esteban Maroto, Carlos Guiménez ou Adolfo Usero. Desde aquela e ata 1985 dedicouse profesionalmente á novena arte, asinando multitude de obras coma a serie “Cinco por infinito”, “Control” ou “Wheeler”, onda moitas outra realizadas para a axencia Selecciones Internacionales. A pouca importancia que lle daba ao seu traballo motivou un grande descoñecemento da súa obra por parte do sector en Galicia.

Máis información en El Progreso (en formato PDF) e en Dreamers