Falece en Mucia o poeta Francisco Domínguez Romero, en activo desde os anos sesenta

O poeta galego de Murcia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A morte sorprendía o pasado doce de agosto ao poeta Francisco Domínguez en La Ribera, Murcia, aos sesenta e seis anos. Domínguez, que emigrara desde moi novo desde Ferrol a esta comunidade, desenvolveu unha intensa actividade poética ao longo dos anos sesenta canda a amigos coma Antón Tovar ou Carlos Casares. Nos últimos anos, mantiña desde Murcia unha intensa colaboración co web Andar21 e participaba no colectivo Redes Escarlata.

Máis información en Galicia Hoxe , obra de Francisco Domínguez en en Andar 21; máis sobre o autor na Biblioteca Virtual

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Murcia, Carlos Casares, Antón Tovar, Morte...

Claves

Conceptos
Lugares