A Xunta estudia a especificidade do sector téxtil para aplicar un plan de choque nos períodos de baixa actividade

Moda deslocalizada

7/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Antes, cando a roupa se fabricaba en Galicia, os períodos de baixa actividade a penas acadaban un mes. Agora, pola falta de encargos dos talleres galegos o período de inactividade chega a catro meses. Un feito que dificulta a aplicación das axudas directas e dos expedientes de regulación do emprego que veñen contempladas no Acordo Marco para o Sector Téxtil e da Confección, que foi asinado no 2003 entre o Goberno central, a patronal e os sindicatos. Malia que talleres e traballadores piden con urxencia a posta en marcha dun plan de choque cando se aveciña o primeiro parón do ano, a Administración non ten os prazos concretos para unha batería de medidas que contemplan a creación dunha asociación galega ata aspectos formativos.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Goberno Central, La Opinión, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)