Vinte postais con imaxes de pechaduras e textos de escritores galegos reflicten a relación entre a literatura galega e Compostela

Palabras que abren

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A AELG e o Concello de Santiago veñen de presentar “As chaves de Compostela”, un conxunto de vinte postais das que distribuirán trinta mil unidades de balde. As postais mostran vinte pechaduras diferentes de vellas portas da cidade e en cada unha delas hai tamén un fragmento en galego e inglés dunha obra de outros tantos autores e autoras. Anacos da literatura de Castelao, Xela Arias, Pilar Pallarés, Rosalía, Vidal Bolaño, Antón Avilés, Celso Emilio ou Ferrín entre outros, fan de chave literaria a cada unha das fermosas pechaduras compostelás. Esta acción postal promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura de Santiago busca reflectir a vizosa relación da literatura galega coa capital.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores, Xela Arias, Pilar Pallarés...