Xosé Manuel Budiño faise co premio Opinión ao mellor álbum mentres o Teatro Galán e a Feira de Teatro son recoñecidos pola revista “Artez”

Opinións e zapatillas

31/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Zume de Terra”, o terceiro álbum de Xosé Manuel Budiño, fíxose co galardón ao mellor disco folk do 2004 nos IV Premios Opinión de folk, promovidos polo xornal do mesmo nome. A orquestra folk SondeSeu fíxose co segundo posto, mentres era a gaiteira Susana Seivane quen ocupaba o terceiro lugar. Pola súa banda, a revista dedicada á escena “Artez” deu a coñecer os homenaxeados coas súas Zapatillas. Entre eles, dúas propostas galegas, o Teatro Galán e a Feira de teatro de Galicia, que viu recoñecido o deseño da súa comunicación.

Máis información sobre os premios folk en La Opinión; sobre as Zapatillas en Artezblai.com

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Folk, Budiño, Manuel Budiño...