A revista alemá “Folkworld” elixiu o disco “Zume de Terra” de Xosé Manuel Budiño coma o sexto mellor traballo do ano 2004, mencionando tamén o “Ajrú” o segundo traballo de Mercedes Peón. O álbum do gaiteiro de Moaña tamén foi seleccionado por unha revista australiana coma disco do mes. Mentres, a prestixiosa revista “Folk roots” seleccionou “Mar de Vigo”, primeiro traballo da orquestra folk Son de Seu como un dos dez mellores traballos feitos no mundo do folk entre xaneiro e febreiro. Pola súa banda, o grupo Faltriqueira inicia unha xira internacional que levará estas pandeireteiras ao festival celta de Gales na vindeira semana e ás illas Bermudas no vindeiro mes de abril.
Máis información sobre Budiño no web de Folkworld (en alemán) e na edición de hoxe de La Opinión; sobre faltriqueira en Diario de Ferrol; Son de Seu en A Nosa Terra