Fernández Paz segue engadindo galardóns ao seu brillante palmarés literario, neste caso obtén por segunda ocasión o premio Edebé de Literatura Infantil, que xa conseguira en 1994 na categorÃa de literatura xuvenil. A obra gañadora do escritor vilalbés nesta décimo terceira edición dos premios, “A escola dos piratas”, é unha novela coral que conta a historia dun colexio dunha pequena aldea que deslÃzase por un monte abaixo ata caer na mar, onde queda navegando cos escolares no seu interior. En declaracións á axencia Europa Press, AgustÃn Fernández Paz afirmou que na obra hai unha reivindicación da imaxinación e unha crÃtica á escola a través do humor. O galardón está dotado con vintecinco mil euros e implica tamén a publicación da obra nas catro linguas oficiais do estado.
Máis información do autor en LG3