Fran Morell explora o universo Marvel e desde alí envíanos a información máis fresca e recente do que ocorre nesa factoría de fantasía e ciencia ficción. En “Os 7 fantásticos” dá cada semana noticias do máis curioso referentes e este xénero de crecente difusión. O “Inventario Indócil” de Elvira Riveiro reflicte a súa visión da actualidade nos poemas visuais nos que a poeta non deixa de reflexionar, sentir, criticar e deixar testemuño de si mesma. Máis cun cento de encrucillados están tamén á túa disposición para que os fagas en liña e pases un tempo de entretemento.
