A Universidade de Vigo solicita unha patente en biotecnoloxía vexetal

Árbores con patente

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Desde hai catro anos, un grupo de investigación da Universidade de Vigo traballa para modificar xeneticamente árbores adultas para mellorar algunha das súas propiedades. É dicir, conseguir eucaliptos para que dean máis celulosa, crear vides que sexan máis resistentes a infeccións ou conseguir kiwis empregando menos fertilizantes e que consuman menos auga. Isto conséguese clonando unha árbore cunha bacteria patóxena que se carga con material xenético modificado. Este grupo acaba de iniciar a tramitación na Oficina Española de Patentes e Marcas unha patente para este procedemento que, de aprobarse, converterase na primeira en biotecnoloxía vexetal en Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Universidade de Vigo

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, La Voz de Galicia

Claves

Lugares