Espiral Maior publica unha antoloxía con 337 poemas galegos do século XX mentres saen do prelo os artigos valle-inclanianos de Borobó

Antoloxías de poemas e de artigos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Trinta e oito autores galegos representados en 338 poemas compoñen a antoloxía “Poetas galegos do século XX”, seleccionada por Luciano Rodríguez e que acaba de publicar Espiral Maior. Desde Antonio Noriega Varela ata Miguel Anxo Fernán-Vello, os poemas ofertan unha panorámica por un século de produción poética. Mentres, a Fundación Valle-Inclán acaba de publicar “Anacos valleinclanianos”, un libro que recolle todos os artigos xornalísticos escritos por Raimundo García, Borobó, ao longo da súa extensa carreira.

Máis información en El Correo Gallego sobre a antoloxía poética; sobre os artigos de Borobó

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espiral Maior, Antonio Noriega Varela, El Correo Gallego