O ano comeza coas previsións das editoriais para os vindeiros doce meses, que prometen abondosas novidades

O que imos ler

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cento dezaseis títulos. Esta é a forte aposta coa que Galaxia encara o ano que comeza. Desde reedicións de Cunqueiro ao lanzamento da obra gráfica de Vicente Risco ou unha historia da Real Academia Galega, esta editora promete aínda abondosas sorpresas. Pola súa banda, desde Xarais anúnciase unha nova colección para celebrar os vinte e cinco anos da empresa, onda propostas coma a novas obras de Rosa Aneiros e de Ramón Caride, onda a traducións de Bernardo Atxaga ou de Roald Dahl, entre outros. Da banda da poesía destaca "Charenton", a nova obra de Chus Pato.

Máis información en La Voz de Galicia; e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roald Dahl, Rosa Aneiros, Bernardo Atxaga, Roald Dahl...