A Xunta publica a “Cartografía Básica de Galicia” mentres “La Voz de Galicia” inicia un coleccionable sobre historia do país

2005: Xeografía e Historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Dezanove mapas a escala 1:100.000 que recollen a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma é o que se pode encontrar na “Cartografía Básica de Galicia” que presenta a Xunta coincidindo co novo ano. Este mapa, o primeiro a esta escala feito no país, recolle os nomes de todas as parroquias do país e emprega os nomes de lugar recollidos no proxecto Toponimia de Galicia. Mentres, o xornal “La Voz de Galicia” anuncia para o vindeiro día nove a primeira entrega da obra “Galicia siglo XX”, un percorrido pola evolución do noso país ao longo do século pasado que se realiza da man do historiador Ramón Villares e que achega abondosa documentación gráfica sobre este período.

Máis información sobre a “Cartografía Básica de Galicia” en El Correo Gallego; sobre “Galicia siglo XX” en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Xeografía, Ramón Villares, El Correo Gallego

Claves

Protagonistas
Conceptos