O pasado venres o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, fechaba a Porta Santa da Catedral, que permanecerá asà ata o vindeiro Ano Santo, o 2010. Deste xeito dábase por finalizado o Xacobeo 2004, que bateu, segundo os datos da Xunta, todas as marcas en canto a visitantes. O Goberno Galego cifra en seis millóns e medio os turistas que se achegaron a Galicia con ocasión deste ano, superando os 5,2 millóns de 1999. En canto a peregrinacións propiamente ditas, foron 180.000 as persoas que recibiron a Compostela logo de facer o Camiño.
Máis información sobre en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos