A Fundación Barrié e Xosé Antonio Perozo recollen os seus galardóns

Recoller os froitos

Logo da concesión dos premios chega o momento de recollelos. E iso mesmo é o que onte e hoxe fixeron os galardoados Xosé Antonio Perozo e os membros da Fundación Barrié. Se seguimos unha orde cronolóxica en primeiro lugar temos que citar á Fundación Barrié, que onte recolleu en Pontevedra, de mans do conselleiro de Cultura en funcións, Xesús Pérez Varela, o galardón Orero Pedrayo que recoñece o labor desenvolvido a prol da cultura galega. Hoxe, o concello de Vilagarcía fará entrega doutro premio. O "Blanco Amor "que no pasado mes de outubro lle concedeu a Xosé Antonio Perozo pola súa novela "Martazul".

A favor da Cultura Galega

O vicepresidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera foi o encargado de recibir o premio "Otero Pedrayo" que anualmente conceden as deputacións galegas. Un galardón que pretende premiar o labor desenvolvido a prol da cultura galega. O premio que cada ano se entrega nunha das deputacións contou coa presencia do conselleir de Cultura en funcións, Xesús Pérez Varela está dotado con cinco millóns de pesetas e leva premiando o mecenazgo da cultura galega desde hai 23 anos. A Fundación declarou, no mesmo momento que lle fixeron entrega do seu galardón, o seu interese por reinvertila na Asociación Galega "San Francisco" da provincia de Pontevedra, adicada ó coidado é a asistencia de persoas con discapacidade.
O acto contou coa presencia do ex presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, encargado de facer unha pequena reseña do escritor ourensán desde o ambiente de Trasalba ata unha análise da súa obra poligráfica, prestando especial interese nos sentimentos e interpretación da paisaxe.
Deste xeito se pretende premiar e estimular o labor da Fundación Barrié que leva traballando desde 1996 co obxectivo de apoiar a cultura desde diferentes ámbitos e puntos de vista.
Entre os premiados co galardón Otero Pedrayo durante as súas 23 edicións, destacan o Museo de Ponteveda e o Mosteiro de Oseira de Ourense.













Recoller a Blanco Amor


Esta noite o concello de Vilagarcía entregará a Xosé Antonio Perozo o Premio Blanco Amor de novela. Un galardón que lle concedeu no pasado mes de novembro pola súa obra "Martazul". Un escrito que preteden recoller a vida dunha muller nova e diferente que é froito da realidade social e cultural das últimas décadas do século XX. Este escritor estremeño, vive en Galicia desde 1970 e que ten desenvolvido unha importante labor xornalística e escritor en todos os xéneros.