Amancio Ortega adquire a firma Roberto Verino

Suma e segue

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Trinta millóns de euros foi o prezo que Amancio Ortega acaba de pagar pola firma de moda Roberto Verino. Segundo publican hoxe os xornais do grupo Editorial Prensa Ibérica a operación está practicamente pechada xa que ambas partes tiñan previsto acudir ao notario esta mesma semana. Segundo a mesma fonte, Roberto Verino permanecerá na empresa cunha porcentaxe testemuñal a nivel empresarial, aínda que seguirá sendo a imaxe visíbel da compañía. Deste xeito Inditex, do que é propietario Amancio Ortega nun 59,29% das accións, cubre o segmento de clientela medio alto.


Actualización (15:03): O Grupo Inditex remitiu unha comunicación na que desminte esta noticia "en todos os seus estremos".

Máis información en La Opinión; desmentido de Inditex na CNMV

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, La Opinión, Medios de comunicación

Claves

Entidades