A empresa de Amancio Ortega, Inditex, tamén quere formar parte do Museo do traxe que se vén de inaugurar en Madrid. E por iso doou á institución uns tres millóns de euros cos que mercaron a colección da austrÃaca Lisselette Horns, que está composta por 500 traxes creados polo revolucionario deseñador do principio do século XX, Mariano Fortuny. E outra firma galega, a que leva o nome do seu deseñador Antonio Pernas, desfilará comna XV edición da Pasarela Gran Canaria do vindeiro 24 de abril. Pernas acode como convidado de honra, unha distinción que compate con Larrainzar e Modesto Lomba.
Máis información sobre a doazón de Inditex en La Voz de Galicia