Ficción Producciones levará a Amazon Prime Video a biografía de Amancio Ortega

A empresa galega desenvolverá un biopic en oito capítulos sobre o dono de Zara

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A plataforma Amazon Prime Video engadirá á súa oferta unha serie de oito capítulos sobre a traxectoria vital de Amancio Ortega, propietario de Inditex. A empresa galega Ficción Producciones, que xa traballara para a división audiovisual de Amazon coa serie 3 camiños será a responsable do proxecto, que se baseará na biografía Así es Amancio Ortega. El hombre que creó Zara de Covadonga O'Shea.

Canda a produtora, farán parte do proxecto de biopic a CRTVG e A Federación de Televisións Autonómicas FORTA. O guión estará a cargo de Ángeles Gonzalez-Sinde,Marisol Ferrer, Mercedes Cruz e Daniela Fejerman e a dirección correrá por conta de Norberto López-Amado. Mamen Quintas será a responsable da produción executiva desde Ficción Producciones. A iniciativa está na actualidade en fase de preprodución e prevé iniciar a súa rodaxe en vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ficción Producciones, Guión, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)