Un estudo económico revela que as axudas para a conservación dos bosques da Rede Natura 2000 son insuficientes

Pouca axuda no bosque

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
As axudas públicas destinadas a garantir a conservación das masas de bosques incluídas na rede Natura 2000 non abondan para garantir a integridade destes medios naturais. Esta é a conclusión da análise que realizou o economista Mario Soliño Millán sobre esta cuestión e que recibiu o premio para novos investigadores da Asociación de Amigos da Universidade de Vigo. O investigador propón un novo sistema de xestión destes espazos no que se prime as mancomunidades de montes na mellora dos bosques en lugar da explotación madeireira. Tamén lembrou que a axuda máxima prevista pola UE para apoiar a repoboación de especies autóctonas frondosas coma carballos ou castiñeiros está en 4.830 euros, fronte aos 2.103 que oferta actualmente a Xunta.

Máis información en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Universidade de Vigo, Faro de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares