O informe sobre o estado da edición en Galicia revela un aumento da produción e un acusado descenso da facturación

Paradoxo da edición

7/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
17 lecturas | Compartido 0 veces
O aumento de edición de libros e o descenso das ventas son algúns dos datos máis destacados no avance do informe sobre a edición en Galicia que presentaron Víctor F. Freixanes e María Dolores Cabrera no Simposio sobre o Libro e a Lectura. Segundo o traballo que levan dous anos preparando, catro libros en galego saen cada día ao mercado nun crecemento sostido da produción a cada ano pero a facturación editorial descendeu nun 25% desde o 2001 ao 2003. Freixanes, responsábel da Editorial Galaxia, enumerou varias razóns que explican esta caída, entre elas que moitos libros en galego están editados por grupos empresariais que fan a súa contabilidade fóra da comunidade. Freixanes tamén destacou a excesiva dependencia que o sector ten do mercado escolar nun momento de baixo crecemento demográfico.

Máis información en La Opinión

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas