A Consellaría anuncia a renovación da FP que se poderá facer desde a casa

E-fp

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Xunta quere impulsar a educación a distancia. E dará o primeiro paso deste empeño na Formación Profesional (FP). A Consellaría de Educación acaba de anunciar o Plan Galego de FP que implantará a modalidade de educación a distancia a través de Internet. O proxecto comezará a funcionar de xeito experimental en xaneiro ou febreiro do 2005 e afectará a dous centros que impartan os dous primeiros ciclos de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos, a outros dous do Sistema de Telecomunicación e Informáticos e a outro de Produción por Mecanizado. Os alumnos que se acollan a esta modalidade precisan unha conexión a Internet e un ordenador e só terán que asistir ao trinta por cento da clases.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Internet, Consellaría de Educación, La Voz de Galicia