Galicia terá máis días de clase que o resto de autonomías no curso que vén

Días con clase

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Comeza a perfilarse o curso 2005-2006. De feito, a Consellaría de Educación presentou onte o anteproxecto da orde que establece o calendario escolar. Nel figura que os centros públicos de Educación Infantil, Primaria e Especial terán 180 días de clase, mentres que os de Secundaria terán 175 días. De aprobarse finalmente o calendario no marco da Mesa Sectorial, Galicia volvería ser a Comunidade Autónoma con máis días lectivos e as clases comezarían o 19 de setembro para os de Secundaria e o 12 para o resto, mentres que todos rematarán o 26 de xuño.

Máis información en La Voz de Galicia, e no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Secundaria, Educación Infantil, Consellaría de Educación, La Voz de Galicia...